top of page

Unha sexoloxía para todas as idades

Cremos que a sexoloxía debe abordarse multidisciplinarmente, por e para todas as idades, sen descoidar a educación sexual para as persoas menores e tampouco a sexualidade das nosas persoas maiores.

A educación da mocidade non se debe entender só dende a perspectiva preventiva de ITS e embarazos non desexados, debe de abordar outros aspectos, como son entender a diversidade, xestionar o consentemento, e superar a presión que xeran os estereotipos e mitos socialmente impostos.

Pese a idea xeralizada de que a educación sexual invita á mocidade a manter relacións sexuais, o que fai realmente é dotar de ferramentas para evitar que teñan relacións non desexadas por presións grupais ou individuais, que aprendan a xestionar correctamente a súa privacidade cos dispositivos móbiles e as redes sociais, e que podan distinguir claramente cando os seus espazos están sendo invadidos sen consentemento.

Asemade, a educación sexual non só se refire aos encontros eróticos, tamén ten que ver coa nosa autoestima, coa forma na que nos percibimos e como nos perciben as demáis persoas, o xeito de relacionarnos e como facelo dende o respecto.

A educación sexual fainos libres.

E nese espazo contamos con persoas preparadas coma Vanessa Pazos (Sexeducando), mestra especialista en educación infantil, fisioterapeuta especializada en chan pélvico, estudiante de máster de sexoloxía, actualmente traballando na súa tese doutoral sobre educación afectivo sexual entre menores na UDC, e Paula Pombar (Desexarte), educadora social, sexóloga.

¿E que hai das nosas persoas maiores?

Nesta rede contamos con xente con experiencia, e ata incluso premiada polo seu traballo neste ámbito: Isabel Redondo), traballadora social, creadora do programa "Envellecemento Activo" que coordina no centro de Saúde de Vite, ao que achegou a sexoloxía da man de profesionais como Martina González e Carmen San Isidro.

Isabel Redondo e Martina Glez. no XXVIII Congreso Internacional de Geriatría y Gerontología 22 y 23 de abril de 2016 coa ponencia "Salud Sexual en el Envejecimiento".

Martina Glez. Veiga, xa presentaba na III Xornada de Saúde Sexual da Sociedad Galega de Sexoloxía a conferencia "La Sexualidad y el Climaterio: un enfoque positivo" en novembro de 2011.

E para poñer a guinda, Olga Núñez que ademais de sexóloga traballa como psicóloga nun centro de dia. Alá polo 2009 xa falaba deste tema no número 2 do xornal trimestral do Consorcio Galego de servizos de igualdade e benestar (Preme para descargar).

Para rematar, deixámosvos unha das suas intevencións no XXVI Congreso Internacional de Geriatría y Gerontología do 2014 titulada "Sexualidad en edades que no dejan de avanzar" pola que foi recoñecida con Premio á Mellor Comunicación Oral Social.


bottom of page